luns, 26 de febreiro de 2018

Día de Rosalía 2018

O venres no Párroco sumámonos á proposta da AELG e celebramos o 181 aniversario de Rosalía e así abrimos as fiestras aos versos e poemas da obra de Rosalía máis importante para a lingua galega, Cantares Gallegos que foi editada na imprenta Juan Compañel da rúa Real de Vigo.
Nos días previos traballouse nas aulas a vida e obra de Rosalía´. Xa o venres pola mañá ben cedo foron moitas aulas as que encheron de poemas e versos as fiestras do noso colexio, a biblioteca quedou cheiña de poemas e estrofas "Rosalianos" acompañados do lema deste ano.

As familias tamén foron partícipes deste aniversario levando a cabo unha actividade que vos contaremos no blogue da biblioteca.

Despois do recreo, xuntámonos todos no patio dianteiro, converténdose así o porche no escenario do noso espectáculo poético-musical onde nos esperaba unha grata sorpresa e é que a mismísima Rosalía estaba esperando para escoitar todo o que lle queriamos adicar.

 Primeiro foron os nenos e nenas de 2º os que abriron o acto lendo unha adaptación do manifesto #AbrideAFiestra. Despois sucedéronse case todos os cursos recitando, lendo e cantando algún fragmento, poema ou canción adicado a esta gran muller.
E é que Rosalía de Castro, pertence ao pasado da nosa historia, pero segue presente cada día na beleza que nos rodea, tamén na nosa cidade como veredes no mural das familais pero sobre todo nos nosos corazóns. Rosalía sempre será actualidade!.
Aquí tedes o manifesto e as fotos dese día tan especial que pasamos.

1 comentario: