Xa que o capitán Nemo viu co Nautilus en busca dos tesouros da batalla de Rande, os nenos e nenas de 1º e 2º queríamos coñecer exactamente cal fora o lugar e cales foran os tesouros que alí se escondían, tan preto de nós, no estreito de Rande.
Así que o mércores 28 de febreiro emprendemos unha viaxe ata a Enseada de San Simón para visitar o Museo de Meirande e descubrir e aprender unha chea de cousiñas arredor da batalla de Rande, cal foi a súa orixe, como eran os navios implicados na loita, como era a vida nos galeóns o que comían e bebían nas longas viaxes, as vestimentas, os artiluxios que empregaban nesa época para navegar e orientarse coma a esfera armilar e o compás, os inventos da época coma os traxes de buzo para sumerxirse nas augas e cales foron os outros tesouros ademáis dos lingotes de prata e as perlas caribeñas que traían os navíos logo da ruta a América coma os materiais cos que se podían facer tinguiduras coma o Pau de Campeche, as cochiñillas ou as prantas de anil e moitos alimentos como o cacao, os tomates e o azucre e outras cousas que traían os galeóns procedentes do mercado asiático coma porcelana china, sedas, afrazán....
O que quedounos claro e que dende as fiestras do museo, baixo unha boia amarela atopánse aínda hoxe os pecios afundidos acompañados dos arroaces, dos chocos de Redondela e doutros seres mariños e que só foi o capitán Nemo o que acadou levar de alí algo de prata.....
No vídeo podedes ver as fotos do que foi a saída.
Un Museo fantástico rodeado de Historia e cheo de cousas fantásticas... e tan preto! A nós encántanos. Visita obrigada cada vez que fan teatralizacións :-)
ResponderEliminar