O día 15 de febreiro visitounos unha pandereteira. Ensinounos varios instrumentos de percusión dos que sabía moito e manexábaos moi ben. Lanzouse a amosarnos o seu manexo e incluso cantou, coa axuda dalgún compañeiro. Aprendemos diferentes tipos de instrumentos, de que están feitos, como se tocan segundo a zona de onde proceden... En resumo, aprendemos algo da música tradicional e dos instrumentos que usaban os nosos avós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario