mércores, 14 de febreiro de 2018

Entroido Verniano: "20.000 leguas baixo dos mares"

"Pois ben señor Aronnax, atopámonos na bahía de Vigo e só de vostede depende que poida coñecer os seus segredos" (Jules Verne, 2ª parte, capítulo VIII de 20.000 leguas de viaxe submarina).
Con esta frase convidaba o capitán Nemo, ao seu prisioneiro o biólogo Pierre Aronnax a recuperar o ouro dos galeóns afundidos en Rande. Do mesmo xeito que o fixeron daquela, naquel 18 de febreiro de 1868, cando se adentráron na nosa Ría, o pasado venres de entroido convidámosvos a todos, familias e amigos a xuntarnos e subir a bordo do noso particular "Camilus" para dar un paseo pola nosa fermosa Ría de Vigo ata a ensenada de San Simón, onde por suposto paramos a ver se recuperabamos algún tesouro!.
De seguro que nas fotos atoparedes ao mesmo Jules Verne, ao Capitán Nemo, a Aronnax, a Ned Land e outros arponeiros, a tripulación de mariñeiros, a buzos con escafandra e a algúns dos animais que descubriron mirando a través do ollo de boi do submarino coma os polbos e chocos, os hipocampos ou cabaliños de mar, os temidos escualos pero pequeñas quenllas e tintoreras e mesmo dás luminosas medusas.
Que fantástica aventura da que desfrutamos xuntos tanto nós agora polo Entroido coma eles hai 150 anos!.

1 comentario:

  1. Que colorido e fermoso estaba o patio do Cole! Encantáronme os disfraces e a recreación dun libro tan fascinante como é o de '20.000 leguas de viaxe submarina'!E coma sempre, @s protagonistas, @s nen@s :-)

    ResponderEliminar