Neste entroido de "20.000 leguas baixo dos mares" no Párroco celebramos a semana da troula do 5 ao 8 de febrero.
Desta vez "Camilus" deunos os seguintes mandatos: o luns puxemos unha viseira ou gorra de capitán, o martes levamos una bolsa do tesouro, o mércores unha letra N pintada na cara, e o xoves uns anteollos. Deste xeito como os mandatos foron acumulativos pois rematamos o xoves disfrazados de capitáns, mariñeiros, piratas, arponeiros....todo o que cada quen imaxinou. E é que no Párroco "todos somos capitáns, compañeiros de lugar..."e así quentamos motores para a festa do día seguinte.
Moito lles gusta a Troula a est@s nen@s!! ;-)
ResponderEliminar