Ao longo deste curso vos nenos e nenas de 1º estivemos traballando nos diferentes roteiros dá natureza, económicos e artistico dá zona do Baixo Miño de Tui e o Monte Aloia.
Deste xeito o venres 2 de xuño, por fin puidemos coñecer de primeira man todo o que estiveramos investigando na clase coa excursión ao monte Aloia en Tui.
Nada máis chegar identificamos, dende o autobus e pola súa peculiar arquitectura, a "casa forestal do enxeñeiro Areses", hoxe convertida en aula da natureza. Alí fixemos a nosa primeira parada onde recibíronnos Rosa, Ana e Sara as axentes forestais e as nosas guías.
Moi dispostos e ansiosos por ver toda a flora e a fauna que estivemos a estudar comezamos a ruta circular da Senda Botánica, facendo moitas paradas para escoitar as explicacións e as respostas as nosas moitísismas preguntas. É que estes nenos de primeiro teñen moita curiosidade e imaxinación e ata miraban coas súas lupas pegadas misteriosas dos Grovios e murallas ciclopeas polo camiño.....
Logo chegamos de novo á aula da natureza onde repasamos o traballado na clase relacionado coa orixe do parque, coa flora e fauna, coa historia e arte....Ao rematar despedímonos agradecidos, asinamos no libro de visitas agardando voltar pronto coas nosas familias para seguir descubrindo e desfrutando!
Ao sair almorzamos e repuxemos folgos para subir ata o alto de San Xiao, onde miramos a ermida de San Xiao, o monumento ao enseñeiro Areses e subimos ata o miradoiro da Cruz, onde por fin puidemos admirar o curso do río Miño observando as vilas galegas e as súas irmás protuguesas nas dúas beiras ata a súa desembocadura. Sorte que tivemos de que desapareceu a brétema xusto nese intre para deixarnos desfrutar das vistas!!
Por último descubrimos a "pedra dá Balea" e xa voltando polo mesmo camiño rematamos a excursión xogando no antigo parque.
Desfrutamos moito xuntos desta excursión e portámonos fenomena!l. Xa estamos desexando comezar outro Proxecto Documental para ver onde nos leva!

Que felicidade ir ó monte cos compañeiros de clase... Meu fillo era puro nervo. Chegou entusiasmado con todas as maravillas da natureza e, como non, facéndonos prometer que pronto iriamos de excursión ó Monte Aloia nós tamén :-)
ResponderEliminarSi que é una felicidade ir todos xuntos. Pasámolo moi ben e foron uns auténticos exploradores!.
Eliminar