O luns 29 de maio os nenos e nenas de 1º desfrutamos da visita de Damián, un biólogo que desenvolveu o taller "Convivindo cos nosos humedáis" organizado polo concello de Vigo xunto coa concellería de Medio Ambiente.
Aprendimos cousas moi interesantes sobre a flora e a fauna coma por exemplo cando vemos xuncos é sinal de que nese sitio hai auga (moitas veces soterrada), as follas dos salgueiros que están as beiras dos humedáis as empregan os animais cando teñen dor de dentes e os científicos fixáronse nese comportamento animal para crear as aspirinas para os humanos coa mesma composición destas árbores. Os amieiros teñen unha leña tan boa que non podre debaixo da auga que por iso na cidade de Venecia usaron esta madeira para facer as pontellas que xa teñen máis de 200 anos sumerxidas baixo auga. Falounos doutras plantas acuáticas coma os nenúfares, as lentellas de auga....
Contounos trucos para crear un humedal e explicounos que creando unicamente unha pequena charca xa podese formar todo un ecositema onde os primeiros en chegar serán os mosquitos que acudiran a poñer alí os ovos e así empezaría o asunto.
A actividade, encantounos, aprendimos un montón e viunos fenomenal para coñecer outros humedais que temos tan preto de nós, no noso concello como o Parque botánico do arco da vella en Bembrive, a senda do río Eifonso e a lagoa dos Seixos en Candeán.
Así que xa sabedes, animádevos a coñecelos que están moi pretiño!.
Así que xa sabedes, animádevos a coñecelos que están moi pretiño!.
Xa temos excursión pendente! Tantas cousiñas tan interesantes e tan pretiño de nós... ;-)
ResponderEliminarCa cedo teñen as vacacións, así que a aproveitar!
Eliminar