Este ano 2017 adicouse o Día das Letras Galegas a Carlos Casares.
No Párroco foron diversas actividades as que fixemos coma homenaxe especial arredor da súa figura.
Carlos Casares fixo a primeira tradución do famoso libro de Antonine de Saint-Exúpery publicada en 1943 Le petit prince á nosa lingua galega "O principiño" e tamén adicouse a coleccionar a nivel personal exemplares do libro. Deste xeito no Párroco decidimos montar unha exposición, en colaboración coas familias, dunha chea de "Principiños" en diferentes linguas e diversas edicións (algunhas delas ben antigas). Todos estes libros locen na entrada do colexio acompañadas dun fermoso mural e debuxos do personaxe principal feito polos nenos e nenas de 1º de primaria, quedando así á disposición de todos aqueles que os queiran desfrutar.
Outra actividade nestes días adicados as Letras Galegas foi "Colle o libro e corre" para que todo aquel que o desexe no tempo do recreo ou mesmo na hora de ler poida achegarse libremente á lectura dalgunha das seis obras de Carlos Casares dirixidas ao público máis novo collendo unha das maletiñas preparadas para tal fin. na que ademáis do libro aparece unha folla para que os lectores deixen a súa sinatura.
Por último e como actividade conxunta de todo o colexio fixemos un libro en gran formato no que nas aulas, logo da lectura e análise da obra, fixemos de xeito cooperativo unha peculiar interpretación plástica da obra a Galiña Azul para logo converterse nun libro viaxeiro para que todos os cativos disfruten destas obras.
Por último e como actividade conxunta de todo o colexio fixemos un libro en gran formato no que nas aulas, logo da lectura e análise da obra, fixemos de xeito cooperativo unha peculiar interpretación plástica da obra a Galiña Azul para logo converterse nun libro viaxeiro para que todos os cativos disfruten destas obras.
Aquí tendes o arquivo do noso libriño.
Open publication - Free publishing
Pero qué bonitiño o libro da Galiña Azul! Qué bonita forma de homenaxear a Carlos Casares :-)
ResponderEliminarÉ certo! É moi bonitiño! O mellor as interpretacións que fan os nenos, as solucións que buscan aos problemas e os finais que saen...
ResponderEliminarNunca deixan de sorprendernos!!
ResponderEliminar