mércores, 19 de febreiro de 2014

PAN DE CENTEO


    Aos de 6º tocounos o centeo como alimento a traballar no Proxecto Documental Integrado.

    Despois de investigar chegamos ás seguintes conclusións:

  • O centeo é un cereal que constituíu a base da alimentación galega.
  • Cultívase en zonas frías de montaña e con pouco chan.  Nas provincias de Lugo e Ourense principalmente.
  • A forma de sementalo chámase "volea".  Nós fixemos a nosa sementeira particular na horta do cole.  Esperamos que con tanta chuvia non saia "nadando".
  • As súas raíces poden estenderse ata 10 m. na procura de humidade.
  • O pan feito con fariña de centeo é menos esponxoso que o feito con fariña de trigo, pero máis que o feito con fariña de millo.
    Así que, visto todo  o anterior, atrevémonos a facer pan (grazas a que temos unha cociña no cole).  Empregamos fariña de trigo e de centeo.

    O noso pan non levaba noces e pasas como o que lles regalamos ás profes, xa que non nos gustan.  A receita é a seguinte:

  • 400 gr de fariña de trigo
  • 100 gr de fariña de centeo
  • 12,5 gr de fermento fresco de panadería
  • 1 culleradiña de sal
  • 280 ml de auga (aproximadamente)
  • Noces e uvas pasas (se son do noso gusto)   

Ningún comentario:

Publicar un comentario