luns, 17 de febreiro de 2014

Biblioteca Pública Nodal de Vigo

Do mesmo xeito que a nena e o grilo foron a unha biblioteca en busca de novas aventuras, os nenos e nenas de 2º de primaria visitamos o xoves 13 de febreiro a Biblioteca Pública Nodal de Vigo, máis coñecida como Biblioteca Central.
Para emprender esta viaxe non fomos en barquiño, senón en autobus.
Saimos do colexio moi contentos e comezamos a nosa viaxe, mirando dende a perspectiva do bus, algúns fermosos lugares da nosa cidade: estadio de Balaidos, parque de Castrelos, Praza de América, o porto...e chegamos á porta do Sol, referencia para situarnos e poder levar nós soíños ata a biblioteca as nosas familias.
Ao chegar comprobamos que alí non estaba Don Ramón, pero igualmente nos recibiron moi amablemente dúas bibliotecarias que nos amosaron o edificio, puxéronnos un vídeo, e escoitamos atentamente o que nos explicaron e asi aprendimos moi ben o funcionamento e normas desta biblioteca.
Logo tivemos tempo de sumerxirnos nas páxinas dalgúns dos moitos libros que alí se atopan: de aventuras, de ciencia-ficción, de poesía, de banda deseñada, de animais.....un sinfín de libros por coñecer.
Ao final despedímonos e demoslles as grazas por invitarnos a coñecer esta fermosa biblioteca da nosa cidade. 
De seguro que voltaremos axiña acompañados das nosas familias!

Ningún comentario:

Publicar un comentario