martes, 4 de febreiro de 2014


O pasado xoves 30 de xaneiro, como ben sabedes, celebramos o Día da Paz.

Primeiro tocou remetar o mural da Paz que fixemos entre tod@s, seguindo a fráse tan emblemática de Nelson Mandela que di: " A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo". Xa tiñamos os nosos personaxe a piques de despegar no globo aeroestático, só quedaba engadirlles as palomas da paz que cada neno do colexio foi colocando con moito coidado.

Por outra banda, e para dar a coñecer algo mellor a figura de Nelson Mandela, os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria mostráronos unha presentación moi sinxela sobre Madiba. Aprendimos todos moitas cousas sobre a loita que levou Mandela ao longo da súa vida, contra o apartheid, como conseguiu chegar a presidente de Sudáfrica e incluso chegamos a velo bailar!

Unha xornada na que aprendimos cos corazóns!

Deixámosvos as imaxes do día e tamén a presentación en power point por se vos interesa velo na casa.






3 comentarios:

  1. Moitas gracias María! Sempre é un placer recibir os comentarios dos pais e ver que aprecian o traballo feito no colexio.

    ResponderEliminar