xoves, 30 de xaneiro de 2014

VISITA Á BIBLIOTECA CENTRAL

Os nenos e nenas de 1º saímos de visita o martes, día 28 de xaneiro, a un lugar moi interesante no que atopamos un montón de historias emocionantes que agardaban agochadas nos andeis a nosa chegada. Estabamos nerviosos e emocionados e nada máis chegar ao cole xa nos preparamos para marchar pois o tempo corría moi a présa. Despois dun pequeno traxecto en bus chegamos ao centro de Vigo e alí vimos un fermoso edificio con balcóns , cristaleiras e cheo de luz… a BIBLIOTECA CENTRAL, ou tamén chamada biblioteca JUAN COMPAÑEL. Explicáronnos moitas cousas sobre o edificio, o seu uso, as instalacións, as normas …
Agora todos quedamos con moita gana de facernos socios, así que … haberá que animarse!

1 comentario:

  1. En verdade, a miña nena quedou impactada pola biblioteca, tanto pola cantidade de contos que había nela, como polo edificio tan impresionante no que está ubicada. ¡Encantoulle!

    ResponderEliminar