O alumnado de 5º e 6º de Primaria realizou umha saída educativa ao Concello de Vigo para coñecer de preto o seu funcionamento e algunhas das súas instalacións.
Durante a visita percorremos a lonxa, o Salón de Plenos, onde tivemos a oportunidade de saudar ao alcalde, a sala de control de tráfico e a sala de danza popular.
Finalmente, subimos á novena planta, onde visitamos a sala de prensa e gozamos dunhas vistas espectaculares da ría de Vigo.
Foi unha experiencia enriquecedora que nos permitiu aprender fóra da aula e coñecer mellor a nosa cidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario