Os días 22 e 23 de outubro, o alumnado de Educación Primaria participou nunhas sesións moi interesantes a través do xogo "Cartografías dos coidados".
Mediante diferentes situacións da vida familiar, reflexionamos sobre a importancia de compartir responsabilidades, coidarnos, respectarnos e colaborar nas tarefas do fogar.
Foi unha actividade divertida e enriquecedora que nos axudou a comprender que existen diferentes tipos de familias e que os coidados son responsabilidade de todas e todos.
Coidar, compartir e respectar para convivir mellor!
Actividade organizada polo Anpa do Ceip. Párroco don Camilo e subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade, Pacto de Estado e Ministerio de Igualdade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario