mércores, 27 de abril de 2022

1º e 2º NA FUNDACIÓN SALES

 Unha semana despois dos compañeiros de 3º e 4º, os nenos e nenas de 1º e 2º tiveron a sorte de visitar este estupendo lugar cheo de plantas e flores procedentes dos máis diversos lugares do mundo. Foi unha mañá estupenda, disfrutando dun entorno privilexiado, coñecendo tódolos recunchiños e segredos do xardín e maila casa, ben mergullados na natureza. 

Ademais volveron moi ledos ao cole con cadansúa leituguiña, dispostos a coidala e agarimala para que medre chea de enerxía. Será unha ledicia poder comer algo sementado e coidado por eles mesmos!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario