O 22 de abril tivemos a primeira saída conxunta de 5º e 6º para coñecer o Real Mosteiro de Sta María de Oia.
Fixemos un percorrido polos exteriores e o interior do mosteiro que empezou a restaurarse polos anos 80 e segue con moitas zonas en ruínas.
O Mosteiro de Sta Mª de Oia non deixou de evolucionar dende 1132, no século XII, ata os nosos días. Trátase dun dous poucos exemplos de abadía xunto ao mar en Galicia, expostos a piratas e corsarios que devastaron as costas galegas durante varios séculos.
A súa singular situación, foi testemuño directo dos temporais do Atlántico e do tránsito de navegantes por diante da súa costa.
En 1624, despois dunha famosa loita contra piratas e bereberes, os monxes do mosteiro gañaron a batalla e Felipe IV concedéulles o título de Real e Imperial Mosteiro de Oia.
Tamén nos contaron como era a vida dos monxes dentro do mosteiro e o máis divertido foi ver un rabaño de cabras e cabritiños comendo herba polo exterior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario