sábado, 9 de novembro de 2019

MAGOSTO COMPARTIDO


O día escollido resultou ser,  a pesar do que anunciaban as nubes durante toda a semana, o mellor  para desfrutar desta festa tan nosa. Ao tradicional asado e papado  das castañas engadimos un ano máis uns xogos colaborativos entre pequenos e maiores que nos fixeron gozar abondo da actividade e máis dos compañeiros. 
Ademáis, e facendo un  aceno ao noso PDI deste curso, algúns dos paises aos que viaxaremos estiveron presentes nos xogos organizados. Aqui deixamos algúns momentos da xornada, punto final dun traballo que ocupou un bó tempiño nas aulas e que se suma ás experiencias arredor do outono nas que estamos mergullados.

1º quenda 6ºA e 4 anos no ximnasio e 6º b e 1º no patio cuberto




2º quenda 5anos e 5º de primaria; 3 anos e 3º de primaria; 4º de primaria e 2º de primaria

 

Magosto 

1 comentario:

  1. Super enriquecedora a mestura de rapaces de diferentes idades! Encántannos estas iniciativas :-)

    ResponderEliminar