luns, 11 de novembro de 2019

5º E 6º IMOS AO TEATRO

O luns 4 de novembro os nenos e nenas de 5º e 6º, acompañados das nosas mestras, fomos ao teatro para ver unha interesante interpretación sobre as fraudes tecnolóxicas coa representación teatral "Troya".
Cada día son máis habituais as fraudes e os enganos nas redes polo que temos que aprender dos perigos que existen na internet e ter moito ollo cando xogamos ou cando entramos en redes sociais e así non caer en estafas como lle pasou ao protagonista desta obra que logrou superar a lea na que se metera grazas ao apoio dos seus verdadeiros amigos e sobre todo grazas á súa familia.



Ningún comentario:

Publicar un comentario