No Párroco queremos sumarnos ao proxecto "Vigo, cidade de cor" promovido polo concello para embelecer a nosa cidade e tamén o noso colexio. Que mellor agasallo no noso 50 aniversario como colexio que desfrutar da arte tamén cada día na escola!.
Asi que o martes 4 de decembro os nenos e nenas de 5º e 6º, en dúas quendas e da man de Lorena, repasamos algunhas obras desta efímera arte que enche de cor a nosa cidade, aprendemos cousiñas dos seus autores e traballando en grupos fixemos os nosos propios murales que xa locen nos corredores da planta alta do colexio.
Nesta sesión, Lorena falounos tamén un chisquiño do artista coñecido como "Pelucas" e que xa empezou a traballar no patio cuberto no seu novo mural e que está enmarcado dentro do programa de medianeiras do concello.
Máis adiante adicaremos unha entrada para que poidades ver un chisco do proceso de creación do mural do patio. Agardamos con moita ilusión ver o resultado final!
Xenial!! Uns artistas!!
ResponderEliminar