O martes, día 27 de novembro, as nenas e nenos de 3º e 4º do
cole fixemos unha saída ao Auditorio do Teatro Afundación para escoitar un
concerto que nos fixo viaxar a través dos diferentes ritmos e melodías da
música popular española. Estilos musicais chegados de lugares moi remotos, que
se integraron na nosa terra grazas á influencia das diferentes culturas. Así,
fomos quen de entender a importancia de recibir e escoitar aos que chegan
doutros lugares e de gozar con instrumentos realmente insólitos creados a
partir de materiais de desfeito.
Unha fermosa experiencia para todos nós!
Que importante é a música, para os peques.. e os maiores!
ResponderEliminar