Este ano, nada máis
chegarmos das vacacións de Nadal, os nenos e nenas de 3º e 4º do cole fixemos
unha saída ao centro interactivo de educación ambiental NATURNOVA. Alí fomos
quen de viaxar nun submarino ao fondo da ría de Vigo, tamén de ver o sistema
solar en movemento ou mesmo de escoitar unha tormenta en directo. Convertémonos por uns intres nuns marabillosos
detectives do espazo investigando e aprendendo cousas deste incrible mundo ao
que pertencemos e que tan necesitado está do noso coidado e respecto.
Un dos espacios que máis lles gusta ós meus fillos: todo se pode tocar ;-)Así é como se aprende!
ResponderEliminar