venres, 18 de xaneiro de 2019

CAMIÑANDO XUNTOS POLA IGUALDADE


O xoves, día 17 de xaneiro, os nenos e nenas de 4º recibimos a visita de Elsa, unha vella coñecida do cole que leva moitos anos falando connosco sobre igualdade. Esta vez fixemos un obradoiro sobre os estereotipos que todos imos adquirindo desde ben cativos por algo tan inocente como parece a publicidade. Analizamos cunha ollada máis crítica diferentes catálogos de xogos e xoguetes e fomos quen de descubrir como estes marcan roles moi claros segundo sexamos nenos ou nenas, o que fai que tendamos a inclinarnos por uns ou outros sen un criterio claro de preferencia persoal.
Que importante é acostumarnos a ollar a vida en termos de igualdade...



1 comentario:

  1. Tócanos a labor de educar en igualdade, a mellor prevención!!! Ademáis, que lle resulta unha actividade moi interesante, veñen contando todo tipo de detalles destas xornadas! Noraboa ó cole e a Elsa!!! 😉

    ResponderEliminar