O pasado martes 17 de abril tivemos a grandísima sorte de recibir a visita de alumnos e profes do cole de San Rafael (HC San Rafael).
Con moitísimo traballo, esmero, esforzo, ilusión, nervios e moito sorriso, trouxéronnos un teatro onde representaron o "Monstro das Cores".
Moitos de nós xa coñeciamos o conto, pero o que non coñeciamos era a versión de sombras chinesas que nos fixeron.
Coa biblioteca totalmente escura, fomos entrando pouco a pouco cunhas invitacións que nos deron a cada un de nós.
A música, o conto e as luces foron quen de unirnos cos sentimentos dos diferentes monstros que ían aparecendo.
E por se isto fose pouco, ao rematar o conto ensináronnos como o fixeron.... e ata nos deixaron tocar os protagonistas.
Canto aprendemos!
Amarelos de contentos quedamos todos despois da actuación.
Xa estamos desexando que preparen un novo conto para apuntalo na nosa axenda... quizais para o ano que vén?
Grazas por vir ao noso cole :-)
Unha experiencia moi enriquecedora! A ver se hai sorte e se repite :-)
ResponderEliminar