Xa sabedes que no Párroco somos moi lectores, aínda así temos que contarvos que dende o luns 23 de abril andamos no colexio moito máis entretidos que de costume coas variadas e diversas actividades da semana do libro: contacontos, bibliopatio, préstamos entre familias, recomendacións lectoras, presentacións oficiais de madriñas e padriños aos seus afillados e viceversa, etc.
Non esquezades entrar no noso blog http://aguieira.blogspot.com.es/. para ver as actividades con detalle.
Así que, poñendo o broche de ouro a esta estupenda semana, o venres 27 celebramos o "apadriñamento lector", onde madriñas, padriños e afillados estaban desexando que chegase este momento de convivencia espallándose por todos os recunchos do exterior do colexio para ler, escoitar, compartindo fantasía e maxia coa lectura e os nenos pequenos e maiores xuntiños e como protagonistas.
É un gozo ver os nenos tan felices cunha actividade tan sinxela pero á vez tan máxica e especial. Non fai falla dicir nada máis. Como todos sabemos que unha imaxe vale máis que mil palabras aquí podedes ver as fotos do que foi o día.
Os meus nenos esperan con ansia esa data ano tras ano! E nunca lles defrauda! Grazas :-)
ResponderEliminar