venres, 4 de maio de 2018

O día do libro (1º Primaria)



O día 23 de abril deron comezo na aula de 1º de Primaria as distintas actividades nas que poderán participar as familias.
Poderán vir contar contos (para fomentar o interese pola lectura), contarnos a súa profesión, amosarnos distintos medios de transporte (contidos traballados na área de ciencias)… co fin de ofrecerlles aos cativos distintas experiencias dunha maneira máis lúdica.
A primeira familia en participar foi a de Noa Paz, que veu acompañada da súa “mamá” Bea para contarnos o conto “Nadarín”.
Noa amosounos as súas habilidades como contacontos, manexando a mesa de luz ao mesmo tempo que nos contaban o conto.
Fixérono estupendamente. Moitos parabéns as dúas!







Ningún comentario:

Publicar un comentario