luns, 27 de novembro de 2017

Taller de RCP en 2º

No colexio sabemos da importancia de saber actuar o mellor posible en situacións de urxencia, así que os nenos e nenas de 2º non queriamos deixar escapar esta oportunidade que nos ofreceron de xeito desinteresado.

Así que o venres 17 de novembro tivemos a sorte de aprender unha chea de cousiñas sobre "Primeiros Auxilios e Reanimación Cardiopulmonar" da man dunhas estupendas enfermeiras de diferentes servizos: María, Fani e Begoña (que ademáis de enfermeira é nai de Eva e Martín e foi a que fixo a tan acertada proposta). Así que esta entrada non blogue queremos adicarlla especialmente a ela e a todas as familias que colaboran connosco cada día no colexio.

Primeiro vimos uns vídeos todos xuntos, e aprendemos que os nenos podemos facer moito máis do que a xente adulta pensa, empezando por chamar sempre ao 112,así sabendo o que nos van a preguntar e o que temos que dicir será máis rápida a intervención dos servizos de emerxencia.

Tamén aprendemos a recoñecer o estado de consciencia da persoa que sofre un accidente. No caso de que a persoa non atenda as nosas chamadas e estea inconsciente pero respire termos que poñela en posición leteral de seguridade e se esta inconsciente e non respira entón teremos que facer a RCP recordando facer as compresións ao ritmo da "Macarena".

 Moi importante foi saber actuar non caso dun atragantamento e como podemos axudar a motivar a que tusa a persoa que a sofre (o máis importante é que tente tusir sempre, e cando xa non poida entón teremos que facer a manobra pero sen esquecer que non é convinte nin que levante os brazos, nin que tome unha miguiña de pan, nin golpearlle as costas sen antes posicionalo correctamente.....pois todo iso só empeoraría ao accidentado).

Con todo ben clariño, pasamos á parte máis divertida, rotando en tres grupos polos tres talleres que nos tiñan preparados e así poñer en practica todo e ata ver a maqueta dun corazón, duns  pulmóns, ademáis doutros utensilios que empregan as/os enfermeiras/os e médicos na súa tarefa diaria de "Salvar vidas" e é que nós aínda que somos pequenos non esqueceremos que "AS NOSAS MANS SALVAN VIDAS".

Para rematar agasalláronnos cuns bolis-xeringa e certificaron o taller cun diploma de asistencia (feito tamén por outra voluntariosa nai). Moitas grazas de corazón, foi unha actividade xenial!!
 

1 comentario:

  1. Todas as actividades complementarias ás propia clases son interesantes e educativas, pero se ademáis serven para cousas tan importantes como salvar vidas as grazas temos que dalas os pais e nais a vos pola cooperación. Xenial iniciativa! E grazas a Begoña pola dedicación :-)

    ResponderEliminar