O venres, día 24 de
novembro, os nenos e nenas de 4º visitamos o centro interactivo de educación
ambiental Naturnova. Nada máis chegar propuxéronnos un desafío: tiñamos que
investigar nas diferentes salas para cubrir unha ficha informativa nun tempo
limitado. Dividíronnos en tres grupos e mentres uns viaxabamos en submarino ao
fondo da ría outros observábamos o sistema solar en movemento ou escoitabamos unha tormenta, e mesmo
amosáronnos o ciclo da auga que xa estudiáramos na escola.
Fomos quen de levar a cabo o desafío inicial
pero sobre todo coñecemos mellor o marabilloso mundo ao que pertencemos e a súa
importancia para a vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario