O martes 28 de novembro os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria fixemos unha saída ao Museo das Palabras, o Verbum, a ver a exposición de MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) titulada " A aula do pasado".
Tivemos a grandísima sorte de contar co mestre Luís como anfitrión de cerimonias. Foi un pracer atoparnos con el. Alegrámonos moito con este encontro.
Comezamos vendo un vídeo sobre a educación de fai moitos anos, fotos en branco e negro onde se separaba a nenos e nenas en diferentes clases, e ata se lles impartían diferentes materias.... Moito cambiaron as cousas dende aquela!!!!
Que difícil é escribir cos pizarríns!... Non podemos imaxinarnos unha época sen fotocopiadora utilizando papel de calco....e , por suposto, nas nosas casas sufrirían moito lavando os manchóns de tinta da roupa.
O que máis nos chamou a atención foi a cantidade de imaxinación que tiñan os nosos antepasados: como xogaban e pasaban o tempo tan ben sen ter xoguetes, consolas, wii, tablets ou televisións.
Eses si que usaban o cerebro!!!!!!
Moitas GRAZAS a Luís, Marisa, Elena e Josefa por trasladarnos a esa época e por querer pasar ese tempiño con nos.
Que privilexio ter un anaco de historia nas mans... canto hai que saber para non repetir os mesmos erros e evolucionar. Menos mal que as cousas cambian, inda que o de usar o cerebro, penso coma vos: antes dábannos mil voltas ;-)
ResponderEliminar