Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria saímos ben cedo cara o teatro Afundación para desfrutar do espectáculo "Circopeta".
Nada máis chegar descubrimos a catro músicos que nos fixeron desfrutar moito do seu peculiar circo e do seu especial espectáculo de percusión. Eles souberon misturar axeitadamente instrumentos da vida cotiá coma tambores de plástico reciclados, vasoiras, botellas de vidro, etc facendo así ritmos con movementos diversos e procurando que interactuáramos con eles.
O pasamos xenial e para non esquecer este día ata tivemos a sorte de facernos una foto xunto aos artistas!.
Xa de volta no autobús e como sabemos moitas cousas de Vigo fomos localizando o Sereo da Porta do Sol, os seus compañeiros o Dinoseto e o Dinosetiño, o mural de Xavier Magalhaes, o Olivo do Paseo de Alfonso que loce estupendo ao lado da escultura a Martín Codax.....e abraiados quedamos cando unha compañeira indicounos "mirade ese é o mural de Julio Verne!. Cantas cosas saben estes cativos e o mellor de todo poder compartirlas cada día!. Graciñas a Marta e a Merce por acompañarnos xunto as nosas mestras nesta saída!
Ata a próxima!
Canto enriquecen estas saidas cos compañeiros de clase! Grazas :-)
ResponderEliminar