O luns, 3 de abril, os nenos e nenas de 1º e 2º recibimos na
escola unha visita moi especial… Iago López, o escritor do “Cociñeiro Martiño”
estaba na biblioteca ataviado coas súas mellores galas para contarnos ese conto
que levabamos tempo traballando nas nosas aulas. Foi emocionante participar na
dramatización da historia e converternos por uns intres nos personaxes dun
mundo cheo de maxia e encanto. Rematamos coa sinatura e a dedicatoria de Iago
en cada un dos nosos exemplares (incluído o do cole). Unha mañá diferente…
Que ben o pasaron! Iago debe ser un bo contador de historias :-) O recordo dese día quedará para sempre coa súa sinatura no libro. Grazas!
ResponderEliminar