Dicir Anxo Moure é dicir Rio Miño, Carballo con botas, Xacia Lubiña, Vicentiño... e outros contiños solidarios.
Dicir Anxo Moure é dicir poesía e un xeito de contar os contos moi especial.
Nós tivemos o privilexio de telo
connosco este pasado venres 24 de Marzo na semana na que se deron cita
os Días da Poesía, da Árbore e da Auga, coma se fosen ún mesmo. El
-bueno él non, o Xacio Pepe- axudounos a pescar contos no Miño coa súa
gamela e o seu batuxo; presentounos a unha xacia verdadeira e fíxonos
viaxar ao longo do río aprendendo as augas que o enchen, as súas
árbores, os seus seres mitolóxicos, os animaliños que nadan, viven ou
aniñan dentro do río ou a carón das súas beiras. Fixo dúas sesións,
unha cos mais pequenos e outra cos maiores do cole, e todos pasaron un
tempiño estupendo escoitándoo.
Despois visitou as nosas aulas e
marchou contento coma un cuco cun agasallo estupendo. A nosa Xacia
Miñoncesa quixo marchar con el, quere estar un pouquiño máis preto de
Irimia. Agardamos que pronto teñamos novas súas.!!
Aqui tendes as fotos das dúas sesións que fixo na súa visita.
Menudas sesións máis intensas e cheas de actividade! Un gusto ver contadores de historias tan vocacionais e que transmiten a súa paixón ós rapaces!
ResponderEliminar