venres, 20 de xuño de 2014

ALIMENTA-T BEN: FROITA NA ESCOLA

Os alumnos do Centro participamos no proxecto de FROITA NA ESCOLA, dentro do PROXECTA. A actividade consistíu en comer froita na escola todos os alumnos e aprender hábitos de comida saudable. Fixémolo durante a semana do 9 ao 13 de xuño. Durante os cinco días comemos: o luns plátano, o martes albaricoque, o mércores peladillos, o xoves melocotón e o venres paraguaio. Foi unha actividade moi interesante, aínda que veu un pouco tardía. De tódolos xeitos comemos froita de temporada, e algunha dela os nenos non a coñecían ou non a probaran nunca.

1 comentario:

  1. Unha boa forma de axudar ós pais nesta tarefa diaria de ensinar a comer ben ¡Grazas!

    ResponderEliminar