Os nenos e nenas de 1º saímos de visita o martes, día 28 de xaneiro, a un lugar moi interesante no que atopamos un montón de historias emocionantes que agardaban agochadas nos andeis a nosa chegada. Estabamos nerviosos e emocionados e nada máis chegar ao cole
xa nos preparamos para marchar pois o tempo corría moi a présa. Despois dun pequeno
traxecto en bus chegamos ao centro de Vigo e alí vimos un fermoso edificio con
balcóns , cristaleiras e cheo de luz… a BIBLIOTECA CENTRAL, ou tamén chamada
biblioteca JUAN COMPAÑEL. Explicáronnos moitas cousas sobre o edificio, o seu
uso, as instalacións, as normas …
Agora todos quedamos con moita gana de facernos socios, así
que … haberá que animarse!
xoves, 30 de xaneiro de 2014
domingo, 26 de xaneiro de 2014
ESTUDIAMOS OS ÓSOS DO ESQUELETO NO 3º CICLO DE PRIMARIA
Primeiro fixemos un esqueleto e rotulamos en tarxetas os nomes dos ósos. Cada neno collía unha tarxeta co nome dun óso. De seguido o pegamos no esqueleto e cada un propuña un exercicio ximnástico que traballara ese óso. Rematamos relizando os exercicios propostos.
Etiquetas: tradición oral, tics
Plan Proxecta. PLAMBE (PDI)
sábado, 25 de xaneiro de 2014
XOGOS DE INVERNO CO 2º CICLO DE PRIMARIA
Os nenos de 2º ciclo traballaron o cambio de estación facendo xogos de inverno. Xogaron ao tiro ao paraugas, ao come-castañas, ao sol e a neve, aos bolos e ao encesto-tiro. O encesto-tiro elaborámolos nós cun vaso de plástico, un cordel e unha pelota pequena.
Etiquetas: tradición oral, tics
Plan Proxecta. PLAMBE (PDI)
EN 1º CICLO DE PRIMARIA TRABALLAMOS AS PARTES DO CORPO
OS ALUMNOS DE 1º CICLO DE PRIMARIA TRABALLARON AS PARTES DO CORPO
Primeiro fixemos unha silueta para rechear. Despois cada neno escolleu unha parte do corpo, que pegou na silueta. De remate cada alumno propuxo un exercicio ximnástico coa parte do corpo que lle tocara e todos o repetiron.
Primeiro fixemos unha silueta para rechear. Despois cada neno escolleu unha parte do corpo, que pegou na silueta. De remate cada alumno propuxo un exercicio ximnástico coa parte do corpo que lle tocara e todos o repetiron.
Etiquetas: tradición oral, tics
Plan Proxecta. PLAMBE (PDI)
mércores, 22 de xaneiro de 2014
Preparándonos para o día da PAZ e da non violencia
Como ben sabedes o próximo día 30 de xaneiro festexamos o día da Paz e da non violencia. Este ano queremos homenaxear a Nelson Mandela.
Para que podades coñecer algo máis da súa vida, e da súa loita para abolir o apartheid déixovos unhas imaxes con algunhas das súas frases célebres, un cómic que resume dunha forma moi sinxela a súa vida e os seus orixes, un vídeo sobre a súa vida (para os maiores) e un vídeoclip do coñecido grupo U2 que adica unha fabulosa canción a Nelson Mandela.

Cómic: fai clic na imaxe para poder lelo.
Vídeos:
Videoclip.
domingo, 12 de xaneiro de 2014
XORNAL DON MOUCHO NADAL2013
Nova edición de don Moucho, Nadal 2013!
Perdoade a espera, tivemos algún contratempo... novas tecnoloxías!
Espero que disfrutedes da lectura en familia.
Perdoade a espera, tivemos algún contratempo... novas tecnoloxías!
Espero que disfrutedes da lectura en familia.
xoves, 2 de xaneiro de 2014
fotos planto 2º - presentacion imagenes
OS ALUMNOS DE 1º CICLO PLANTAMOS NA HORTA ESCOLAR
1º Preparamos a terra e fixemos os buratos.
2º Plantamos as leitugas e berzas pechando os buratos con abono e terra por riba.
3º Regamos ben.
Etiquetas: tradición oral, tics
Horto escolar,
Plan Proxecta. PLAMBE (PDI)
PLANTAMOS CENTEO
CENTEO - presentacion imagenes
OS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA PLANTAMOS CENTEO
1º Preparamos a terra.
2º Sacamos abono do noso composteiro.
3º Plantamos a semente.
4º Botámoslle abono.
5º Non regamos porque a terra estaba húmida e o centeo non necesita moita auga.
Etiquetas: tradición oral, tics
Horto escolar,
Plan Proxecta. PLAMBE (PDI)
O NOSO SISTEMA CIRCULATORIO: MEDIMOS AS PULSACIÓNS EN REPOSO E DESPOIS DO MOVEMENTO
Os alumnos de 2º e 3º ciclo |
medimos as pulsacións en reposo |
Despois fixemos exercicio |
un pouco de movemento |
Unhas carreiras de relevos |
con diferentes desplazamentos |
Medimos as pulsacións despois do exercicio | a anotamos os resultados |
Os comparamos coas táboas que nos deu a mestra para comprobar que todos estabamos ben |
Etiquetas: tradición oral, tics
Plan Proxecta. PLAMBE (PDI)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)