Un anuncio da biblioteca na procura de lectores para o obradoiro "Hoxe le...", que nos fagan gozar do xardín nos días soleados e nos acheguen historias relacionadas coa horta e o xardín e os coidados do medio natural está convertindo á hora de ler nun tempo de lectura no que o noso patio-bosque é protagonista e espazo lector. Xa temos un mundo de nenas e nenos preparando as súas lecturas e agardando a súa quenda. A horta de Simón e o Carballo con botas foron os primeiros libros lidos a semana pasada e esta, na que celebramos o día do libro. Primeiro foron os nenos de 4 anos os lectores e os de 4º como público. Hoxe as lectoras Zoe e Carla de 3º leron para infantil de 3 e 5 O carballo con botas e crearon conciencia.
FONTE DOS FRADES
BLOG DO EDLG DO CEIP PÁRROCO DON CAMILO
xoves, 25 de abril de 2024
luns, 22 de abril de 2024
Matemáticas no patio
O alumnado de 4º puxo en práctica o seu coñecemento sobre rectas e ángulos no noso patio.
Resulta que están por todas partes! Nas liñas da pista deportiva, nas portas e nas xanelas, no chan…
luns, 8 de abril de 2024
Intercambio de cartas A Guarda (3ºEP) - Vigo (4ºEP)
Esta mañá chegou un sobre cun contido moi especial á aula de 4º EP
Nenos e nenas do CEIP As Solanas, un cole de A Guarda, escribíronnos unhas cartas contándonos cousas da súa localidade. Foi unha sorpresa moi bonita recibir estas cartas, fíxonos moita ilusión
Aproveitamos o que nos contaban sobre as súas praias e os seus montes para coñecer a Terra da Desembocadura do Miño. Investigamos e buscamos información e imaxes dos seus sitios favoritos.
Agora tócanos a nós escribir e falarlles do noso cole e da nosa vila.
martes, 2 de abril de 2024
Museo na aula de ARTS
Antes das vacacións, a aula de 4ºEP transformouse nun auténtico museo .
Os nenos e nenas de 4º invitaron aos seus compañeiros de ciclo, 3ºEP, e a todo infantil, para compartir con eles e elas as obras de arte creadas neste trimestre .
Puxeron moito esforzo e moita ilusión, e ademais foron grandes presentadores das súas obras .
Os invitados non se puidaron portar mellor , escoitando e amosando moita curiosidade por estas esculturas tan orixinais
Grazas pola visita! O Museo abrirá outro día!
martes, 26 de marzo de 2024
PLANTAMOS ÁRBORES NOS MONTES DE COMESAÑA
Neste mes de marzo tivemos a sorte de ir ata os montes de Comesaña a participar na reforestación. Primeiro os de 2º, 3º e 4º e ,despois coincidindo co Día da árbore, infantil e 1º de primaria. No caso dos peques plantaron no monte os castiñeiros que sementaran no outono e que estiveron coidando ata a súa viaxe ao bosque. Aínda non temos tódalas fotos desta actividade de infantil e 1º de primaria, así que volo contaremos todo mellor á volta das vacacións. Deixámosvos coas imaxes tomadas polas profes e a comunidade de montes de Comesaña desta gran experiencia. Aprendemos a recoñecer as árbores autóctonas, aprendemos o proceso de plantación e a importancia das árbores para o ecosistema e por riba de todo gozamos da natureza e da beleza do bosque.
sábado, 23 de marzo de 2024
martes, 19 de marzo de 2024
3º e 4º no concerto VOCASÓNS
Este luns, 18 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria desprazámonos ata o Auditorio do Concello de Vigo para asistir ao concertoVOCASÓNS da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional (ETRAD).
Gozamos dun concerto dos mestres e mestras da ETRAD. Algúns dos instrumentos que puidemos ver e escoitar son: a arpa céltica, o acordeón, a gaita, varios instrumentos de percusión tradicional, o violín folk e a zanfona. Sen esquecer as grandes voces do canto popular.
Neste ratiño achegámonos e sentimos os ritmos, xéneros e melodías da nosa cultura musical. Tamén descubrimos que as palabras son protagonistas en todas as músicas do mundo. As palabras dan nome aos ritmos cos que bailamos, tocamos e cantamos. E, ademais, teñen unha historia que nos contar.
Foi unha bonita forma de comezar a semana, cantando e acompañando coas nosas palmas! 👏👏
xoves, 7 de marzo de 2024
1º e 2º en Alcampo - Coia
sábado, 2 de marzo de 2024
Exposición COMEDY WILDLIFE
O alumnado do 1º ciclo visitou unha exposición fotográfica situada no Teatro Afundación de Vigo, que resultou ser moi divertida, e máis aínda, entrañable. Contemplaron fotografías feitas a un variado grupo de animais, coma mapaches, tartarugas, pingüíns..., de tódolos continentes.
As imaxes, tomadas a través de cámaras trampa, captaron situacións cómicas e graciosas, que fixeron aos nosos nenos asombrarse, rir e incluso bailar!
Remataron a visita cun pequeno obradoiro no que fixeron un xabón, con forma animal, que levaron encantados, sabendo que é moito mellor utilizar este formato que non o líquido, polo envase plástico.
Entenderon así, a importancia de coidar os nosos ecosistemas, xa que temos que compartir espazo con outros seres vivos.