Hoxe, o alumnado de 3º e 4º gozamos moito na nosa saída ao teatro Afundación de Vigo.
Asistimos a un espectáculo musical que resultou ser moi divertido! Levantámonos das butacas e participamos coas nosas voces e co noso corpo, creando entre todos ritmo e música. 3 das nosas compañeiras incluso subiron ao escenario!
Non debemos esquecer que toda a música estaba feita a través de diferentes elementos que atopamos no noso día a día: caldeiros, botellas, bolsas... tocando así ao ritmo das famosas 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar. Ademais de toda a diversión desta mañá, levamos connosco a importante tarefa de formar parte do cambio e coidar o noso planeta.
No seguinte vídeo podedes comprobar que ben o pasamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario