mércores, 6 de abril de 2022

CONCERTO DIDÁCTICO

O día 5 de abril os nenos e nenas de 3º e 4º do cole tivemos a sorte de poder asistir a un concerto da Escola municipal de música folk e tradicional de Vigo no auditorio do Concello. Cando chegamos xa había unha morea de rapaces que, coma nós, estaban ansiosos por escoitar a obra RIASÓNS, un paseo músico-visual pola historia da Ría de Vigo.

As mestras e mestres da Escola municipal tocaron con todos os instrumentos que ensinan na escola, un repertorio que comezou na música medieval de Martín Codax e chegou ata a música Trad e Folk máis actual, sempre relacionadas cos concellos que delimitan a Ría de Vigo.

A unión da música e a historia da nosa terra provocou unha enorme ledicia en todos os que tivemos o pracer de poder escoitar este magnífico concerto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario