sábado, 26 de febreiro de 2022

XA PASOU A SEMANA DA TROULA!

 Gadoupa tola pode estar satisfeito porque fomos moitos os que entonamos o fuxe-fuxe e cumprimos tódolos mandados. Seica imos arredalo de nós para sempre. Somentes queda que el faga o que ten que facer e marche a merendar a outro planeta!

Mirade con que empeño os de 3 berran para botalo fóra!



Antes de poñervos as fotos da troula temos que pedir disculpas aos cativos de 4 anos. Esquecemos as súas fotos no  cole e ata o xoves non poderemos collelas. Daquela, non saen neste vídeo; pero que saibades que troulearon moito, moito, moitísimo. Verémolo á volta! Prometido!






Ningún comentario:

Publicar un comentario