xoves, 10 de xuño de 2021

OBRADOIRO DE MULLERES CIENTÍFICAS 5º E 6º DE PRIMARIA

 O luns 7 de xuño levamos a cabo un obradoiro con Suso e Amparo a través de “Ciencia en Movemento” cos alumnos de 5º e 6º, adicado ás“Excelentes Mulleres Científicas”. Moitas delas descoñecidas, debido ao seu escaso recoñecemento, tanto en vida como posteriormente.

 Fíxose un percorrido dende o máis pequeno , como os virus, ata o máis grande, o universo; dende o máis sinxelo, coma o carbón, ata o máis complexo, o wifi.  Algunhas das científicas das que nos falaron entre outras foron: Hipatia de Alexandría, Cecilia Payne, Rosaling Frankling, Lynn Margulis, Emma Noether, Hedy Lamarr e Begoña Vila. Estivo moi interesante!.




Ningún comentario:

Publicar un comentario