mércores, 16 de xuño de 2021

TRABALLANDO NA HORTA ESCOLAR


Foron varios os cursos que traballaron na horta dentro das actividades previstas nos contratos programa. 

Os nenos e nenas de 1º de Primaria plantaron leitugas e ourego. No carriño prepararon a terra. Despois botaron as sementes e regaron.






Os maiores tamén adicaron o seu tempo a plantar cousas variadas:

uns, xudías...


outros, amorodos...


outros, tomates...


outros, espinacas...


Cadaquen fixo a súa tarefa: preparar a terra, regar... 




Plantar flores é algo interesante tamén. Que bonito vai lucir o noso xardín!





E no medio de tanto traballo unha pequena conversa sobre as súas experiencias como agricultores: Uns axudan aos avós, aos pais, para outros era novo…

A algún gustoulle tanto a experiencia que non daba rematado. E veña a plantar e plantar!.

Imos xa!!! Que chegamos tarde e aínda temos que lavar as mans.

Ningún comentario:

Publicar un comentario