O martes 11 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de primaria tivo unha saída ao Teatro Fundación Abanca, para ser espectadores da obra teatral, "Nana para un soldado", ofertada polo Concello de Vigo.
A obra relátanos o encontro entre dous soldados inimigos no frente, que terán que deixar de lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto, o nacemento dun neno.
Este espectáculo fixo reflexionar aos nenos sobre o que é a guerra, o absurdo das mesmas, e o necesario que é entenderse, escoitarse e respectarse.
Que difícil explicar ós nenos algo imposible de entender para os adultos... :-(
ResponderEliminar