Velaí ven o Entroido e xa o noso Meco 2020 "Guamolito" está preparado para dá-las ordes desta Semana da Troula. Así que xa sabedes, trouleiros e trouleiras, a partir do luns estamos "obrigados" a facer festa e traer os mandados acumulativos que xa está anunciando dende a entrada do noso cole.
Por se aínda non vos enterastes, a viaxe de Magallanes e Elcano arredor do mundo tivo como primeiro porto de fondeamento no Océano Pacífico a Illa de Guam e alí, e noutras illas polinesias que avistaron dende os barcos, os habitantes primitivos gustaban moito de construir estas figuras aterrecedoras. Así que andade con coidado e obecede os mandados...Guamolito semella ter moi malas pulgas!!!
Lembrámosvos:
O LUNS.....................UN CACHARRO PARA VIXIAR O HORIZONTE (anteollos, prismáticos) É importante ter todo ben controlado.
O MARTES..............UN MAPA
Non vaiamos perdermos, que é unha viaxe moi longa.
O MÉRCORES........UN GORRO DE LÁ.
Nalgunhas latitudes vai moita friaxe.
O XOVES.................BARBA OU PERRUCA
É que levamos moitas xornadas sen poder ir ao perruqueiro.
Acumulamos todo día a día e o venres non traemos nada porque xa imos ir disfrazados dabondo no noso gran desfile.
Tomamos nota! :-)
ResponderEliminar