E, para rematar a conmemoración do 50 aniversario do noso centro, chegou Avelino González coas súas historias que mantiveron a atención da nosa audiencia de 5º e 6º. Avelino é natural de Comesaña e, como coñecedor da nosa parroquia, deixounos esas historias doutra época, tan fantásticas e máxicas que mesmo poderían formar parte dos libros de Harry Potter: esas historias que no fondo falan da paciencia, da persistencia, da perseveranza e dos valores fundamentais do ser humano. Todo elo sen esquecer todo tipo de anécdotas vividas nos momentos claves da historia de Comesaña. Non esqueceremos a nosa imaxe persoal da "moza máis guapa convertida en moura".
Moitas grazas á Comunidade de Montes por achegarnos a Avelino e as súas narracións.
Mirade aquí as fotos do evento.
O MONÓLOGO DE AVELINO GONZÁLEZ
Ningún comentario:
Publicar un comentario