mércores, 30 de outubro de 2019

O TESOURO DAS ILLAS CÍES E A BATALLA DE RANDE

     Corría o día 30 de outubro de 2019.  É posible que máis que correr sería máis axeitado dicir que "chovía" o día 30 de outubro.  E é que a chuvia foi determinante:  converteu o que ía ser unha ruta percorrendo parte da cidade de Vigo atendendo ás explicacións dos nosos guías nunha simple proxección que non por simple deixou de ser moi interesante.  Detalles como quen visitou e descansou nas Illas Cíes ou saber como foi o desenvolvemento da Batalla de Rande son abofé moi importantes.  Dende Julio César ata Julio Verne pasando por outros persoeiros de fama mundial sen esquecernos, como non! de Francis Drake:  perdón, Sir Francis Drake o corsario ao servizo da mesma raíña de Inglaterra que nos visitou dúas veces e que nos fixo de guía nesta saída.  

    Aí queda a reportaxe gráfica.  Grazas ao equipo de Vigohistoria polas explicacións e tamén por todas estas fotos.



1 comentario:

  1. Unha historia taaaaan apaixoante e tan pretiño de nós. Grazas por revivila!

    ResponderEliminar