xoves, 31 de outubro de 2019

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Respondendo á petición dos mouchiños, moitas familias esforzáronse en levar a temática do noso PDI deste curso "Dándolle unha volta ao planeta"á decoración das súas cabazas . Se vos fixades  poderedes apreciar detalles que non se miran ben a primeira vista. Noraboa a tódolos participantes!.
Moitas cabazas poderán continuar connosco unha tempada formando parte da "mesa de outono" na que moitos tamén participades. A outras pronto lle chegará "o seu San Martiño". Pero non vos preocupedes... é o que teñen os froitos da horta. Ainda así, volverán o ciclo natural axudando na compostaxe a poñer freo o cambio climático (outro dos nosos grandes obxectivos para este curso). A obra dos nosos  pequenos e grandes colaboradores seguirá presente nas fotos que gardamos como lembranza do feito. Así que adicádelle un chisquiño do voso tempo a desfrutar co que todos fixestes.





1 comentario:

  1. Sempre demostrando que a imaxinación non lles gaña ninguén :-) Uns artistas!!

    ResponderEliminar