O martes, día 11 de xuño, os nenos e nenas de 4º
convertémonos por un tempo en científicos,
experimentando con diferentes materiais e sorprendéndonos coas diversas
reaccións que estes tiñan segundo as condicións que provocabamos ao seu redor.
Entendemos a razón de que os barcos manteñan o seu equilibrio e non escoren,
tamén por que se apagan algúns lumes e mesmo cara onde se move o fume...
A verdade é que nós xogabamos con vantaxe xa que durante
este trimestre fixemos unha morea de experimentos que documentamos e expuxemos
na aula para os compañeiros e a nosa profe. Que certo é iso de que... facendo
aprendo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario