sábado, 15 de xuño de 2019
PATIOS INCLUSIVOS
Dentro do noso programa de patios inclusivos fixemos novas actividades nas que todos podiamos participar. Ademais de actividades deportivas nos recreos, como o fútbol, o baloncesto e o brilé, tamén tiñamos outras alternativas como a bibliopatio sempre que fixera bo tempo, xogos de mesa no patio de herba, lectura e ordenadores na biblioteca... Ademáis, a mestra Elena fixo un proxecto para ensinarnos a facer gancho, e nunca mellor dito, enganchounos moito. Fixemos flores para colocar na aramiada co motivo do noso 50 aniversario. Xa coa primavera, comenzou a nosa labor de coidar o xardín e plantar nas macetas flores, lavanda, tomillo, ourego. Tiñamos que regalas no recreo e falarlle un pouquiño para que crecerán con máis agarimo.
No patio de Infantil melloramos as instalacións e tiveron novos xogos como: unha balanza no areeiro, unha cociña con todos os cacharriños, unha casiña de madeira, e material de areeiro (carretillas, pás, cubos, moldes...). Tamén pintamos o patio cuberto e puxemos redes novas nas canastas. Todos e todas xogan. Que ben o pasamos!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Gran Proxecto! Noraboa!
ResponderEliminar