O martes despois do recreo xuntámonos no ximnasio para desfrutar de dúas obras de teatro.
Os primeiros en actuar foron as nenas e nenos de 2º que representaron unha obra de teatro para homenaxear a María Victoria Moreno a quen se lle adicaron este ano as Letras Galegas. A obra estaba baseada no libro que traballaron no mes de maio na aula "A festa no faiado". A pesar do nervos e do cativos que son, estiveron moi ilusionados os días previos con todos os preparativos e aínda que fixeron moi poucos ensaios o fixeron fenomenal!.
Logo foron os nenos de 4º os que quixeron amosar a obra de treatro que representaran as familias e amigos no día do festival de fin de curso, e que os máis cativos non puidemos ver nese día pois como lembraredes tivemos dous festivais.
Parabén para todos eles, vaia artistas temos no Párroco!
A festa no faiado
Obra teatral dos nenos e nenas de 4º
Uns artistazos!!
ResponderEliminar