mércores, 20 de xuño de 2018

A volta ao mundo en 80 contos en Kamishibai

O derradeiro luns do curso os nenos e nenas de 3º e de 2º de primaria convidaron aos máis pequenos do colexio para contarlles as adaptacións que fixeron de dous contos do libro viaxeiro "A volta ao mundo en 80 contos" libro que dalgún xeito pretendeu facer unha homenaxe a Xulio Verne, así que acompañando a esta presentación coas fotos, escoitaredes alguna canción que tamén foi cantada e bailada nalgunha aula ao logo de todo este curso.
Ao rematar o conto, os nenos de 2º quixeron agasallar cuns muiños de vento coma os de Holanda feitos con material de refugallo a todos os compañeiros por prestar tanta atención e tan bo recibimento.
 

1 comentario: