O venres 4 de maio os nenos e nenas de 2º tivemos un novo obradoiro de Camiña con nós pola Igualdade da Concellería de Igualdade.
Estes obradoiros permiten reflexionar sobre moitos aspectos que están presentes nas situacións máis cotiás das nosas vidas e que tratan de situar homes e mulleres en planos diferentes, afastados, en ocasións ata enfrontados, cando realmente o que queremos é contemplar as nosas diferenzas para camiñar en boa harmonía, apoiándonos e sentindo a igualdade.
Nesta segunda sesión do curso, Elsa fíxonos reflexionar sobre as profesións empregando xogos con imaxes de persoas reais e profesións reais. Deste xeito aprendemos que non hai profesións únicas nin de homes nin de mulleres e que todos podemos ter a profesión que desexemos independentemente do xénero.
Graciñas Elsa.
Graciñas Elsa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario