mércores, 9 de maio de 2018

OBRADOIRO DE IGUALDADE 4º


O venres, día 4 de maio, os nenos e nenas de 4º recibimos a visita de Elsa, unha vella coñecida que case todos os anos vén dar charlas aos diferentes cursos sobre un tema que hoxe, máis que nunca, ten para nós unha importancia infinita: a igualdade e a coeducación.
Nesta ocasión traballamos con revistas de xoguetes, buscando e analizando a influencia que estes teñen en nós desde moi cativos e como condicionan, en certo modo, os estereotipos de home e muller presentes na sociedade.
 Agora toca a reflexión persoal...

Ningún comentario:

Publicar un comentario